Como facer un stop motion con ferramentas accesibles no ensino primario e secundario.


Programas como dragonframe ou Animator DV Free facilitan a gravación e edición dunha animación. O programa captura cadro a cadro e edita o video. Podemos realizar a animación utilizando exclusivamente o editor de video do noso ordenador. Daremos o valor temporal mínimo a cada fotografía ou captura nos editores de video que veñen instalados no noso sitema operativo: Movie Maker de Windows, iMovie en Mac o Pitivi en Linux.


Creación de personaxes con todo tipo de materiais


Tutorial de Stop Motion Now
"Como facer un stop motion con ferramentas sinxelas"

Stop motion é unha técnica de rodaxe baseada en continuas tomas fotográficas cunha cámara ou dispositivo móvil fixo, onde cada plano varia lixeiramente do anterior, creando así a ilusión dunha animación, como nos debuxos animados e nas curtas con bonecos de plastilina.

Unha animación realízase cadro a cadro (frames). Variando pouco a pouco a posición dos bonecos, ou os recortes de imaxes ou debuxos, en cada captura de imaxe, en función do movemento que queiramos dar, a velocidade e a historia que vaise contar. Cun editor de video ou unha aplicación informática específica podemos unir os frames para crear unha secuencia. Os editores de video permiten engadir na "liña de tempo" un audio gravado.




Técnicas de stop motion e mixtas:


Cut-out recortes de papel, cartulina, etc.

Pixilación animación de obxectos, persoas...

Plastimación ou clay animation, bonecos con plastilina ou material maleable.


Rotoscopia fotogramas ou capturas de imaxes dun video posteriormente redebuxadas.

Transparencias ou cells con acetatos, papel cebola, follas transparentes...

Time lapse capturas temporalizadas.

Animación 2D clásica e/ou dixital. 


Vídeo Croma un vídeo gravado cuxo fondo de cor fusiónase con outro.


Técnicas mixtas
Ver exemplos no taboleiro colaborativo ligado á ezquerda.

Animación 3D e motion capture. A Motion capture permite capturar os movementos das personas e transferilos a animacións tridimensionais.


Cinedumotion Materiais e recursos Educativos para bacharelato e 4º de E.S.O.

Coas unidades didácticas integradas para ESO "O fabuloso mundo das imaxes" podemos practicar na aula e utilizar as propuestas para aprendizaxes baseados en proxectos no ensino formal, non formal e informal cara a alfabetización audiovisual.

Unidades didácticas integradas para E.S.O. "O fabuloso mundo das imaxes"


Máis recursos de animación en galego (apps e exemplos)


Aplica Plástica (recursos para a plástica con apps)